Durante moito tempo, e aínda na actualidade, especulouse moito con que as orixes do piloto austríaco estarían en Loña do Monte, unha aldea do municipio ourensán de Nogueira de Ramuín. Sen embargo, tras a súa morte, a Federación de Industrias Austríacas publicou unha biografía do empresario vienés Hans Lauda, ao que identificaba como o verdadeiro avó de Niki.
  comenta   0
Quedou 22 do mundo o pasado ano no Mundial de Corea e este ano preséntase no campionato de Gaelic, onde en pasadas edicións quedou primeiro e segundo. "Vai estar difícil, pero imos tentar dárlle caña", asegura.
  comenta   0
"Din que os mozos son máis fortes que as mozas, pero eu non o vexo así", asegura. Na máxima competición de automobilismo non hai unha muller dende a italiana Giovanna Amati no ano 1992.
  comenta   0