O edil de Patrimonio sinalou que se contactou cun restaurador que prepara a memoria que deberá ser remitida á Xunta para proceder á recuperación dun dos dous únicos muíños de mareas de Galicia.
  comenta   0
Esta disciplina artística está en pleno auxe. En Galicia cada vez son máis os festivais e concursos que xiran arredor desta temática. Mon Devane ve estas iniciativas como "estupendas", pero Yoseba MP cre que é necesario que se melloren as súas condicións.
  comenta   4
A nova oficina traballará na creación dunha base actualizada dos grafitis non autorizados existentes na cidade, identificación de grafiteros e grafiteras activos e elaboración de informes periciais.
  comenta   0
Faladoiros Literarios Feministas e un graffiti da artista urbana Sax forman parte do programa de actividades deseñado pola Concellería de Igualdade en torno ao Día da Muller.
  comenta   0
Este artista urbano, de identidade descoñecida, enche os muros de Lugo (e doutras cidades) de obras satíricas e provocadoras. Nesta entrevista ao Lugo Xornal, conversa con Guido Álvarez para revelar algúns dos seus segredos.
Concepto Circo, Leandro Barea, Otro Prisma ou o Primo de Banksy son algún dos referentes lucenses na arte urbana, moi en auxe a nivel mundial.
O artista se se caracteriza por algo é por representar no exterior o que ten no seu interior. Pero non para embelecer o mundo, senón cun obxectivo de cambio e progreso social ou, como mínimo, para remover conciencias. O verdadeiro artista é un visionario, un profeta, non un artesán cuxa principal cualidade é dominar mellor que ninguén unha técnica.
  comenta   0
O DesOrdes Creativas, o Festival Internacional de Arte na Rúa, chegou á súa duodécima edición. A vila xa é todo un referente no mundo do muralismo contemporáneo. Desta volta, outros seis artistas vidos de diferentes partes do mundo arribaron en Ordes para dar novas vidas ás paredes deterioradas que a especulación urbanística deixou polo camiño. Nesta reportaxe falamos con Sokram, organizador do Festival, e cos artistas Alegría del Prado, Twee Muizen e Artez.
  comenta   0
A futura Lei de Rehabilitación e de Rexeneración e Renovación Urbanas de Galicia establece fortes sancións.
  comenta   0
O concello colabora coa Patrulla verde da Policía Local e especialistas en criminoloxía para identificar as persoas autoras das pintadas vandálicas.
  comenta   0
Un dos integrantes de Otro Prisma explica a súa experiencia revitalizando espazos de Lugo e facendo obradoiros para nenos.
As evidencias indican que a obra aparecida no barrio de Canido é un plaxio baseado nunha obra orixinal do enigmático artista. O crítico e profesor Fernando Castro Flórez apunta a "unha manobra de márketing" ou a unha obra "paródica" dun "artista ou activista" como resposta á campaña de Estrella Galicia, e cualifica de "ignorantes" aos que tentan probar a autenticidade do graffiti. Queda por responder por que a marca cervexeira contribuíu á propagación dalgo que tiña todos os indicios de ser falso.
  comenta   3
Eduardo Hermida, promotor do proxecto artístico 'As Meninas de Canido', fala con Galicia Confidencial sobre a aparición neste barrio ferrolán dun graffiti asinado supostamente polo enigmático e famoso Banksy. Mentres agarda que se resolva o misterio, recoñece que ninguén do Concello contactou con el e pídelle que adopte medidas de protección para esta obra.
  comenta   2
Expertos están tentando verificar a autenticidade da obra. Sería a primeira do artista en Galicia e España. O verán pasado, a marca cervexeira 1906 convidou o enigmático Banksy a facer a súa interpretación máis persoal das Meninas de Velázquez en Ferrol; o que agora apareceu é unha parella da Garda Civil bicándose.
  comenta   3
De aceptar a oferta, sería a primeira vez que o enigmático artista pintaría unha das súas obras en España.
  comenta   2