O festival de arte pública Rexenera Fest chega á súa décima edición en Carballo

Sumará cinco novos espazos aos 119 actuais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2024 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

O festival de arte pública Rexenera Fest chega á súa décima edición en Carballo, segundo informa a Deputación da Coruña que destaca a "calidade do evento". Será do 30 de maio ao 9 de xuño nunha cita organizada polo departamento de Promoción Económica e Turismo do Concello carballés con apoio do organismo provincial.

"O museo ao ceo aberto no que se converteu Carballo grazas ao proxecto 'Derrubando muros con pintura' sumará cinco novos espazos aos 119 actuais e durante o próximos dez días ofrecerá a veciños e visitantes a posibilidade de seguir ao minuto as intervencións dos artistas participantes este ano", sinala.

Festival Rexenera Fest. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Festival Rexenera Fest. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta