Denuncian que en Ambulancia Casablanca danse circunstancias como que "se cambian xornadas de mañá á tarde" e viceversa "sen previo aviso"; os traballadores teñen que "lavar os uniformes en casa"; as horas extra "non se abonan" e "presiónase" aos empregados que o reclaman.
Bombeiros comarcais constatan "vontade" de secundar a folga, pero nin o xoves nin este venres houbo seguimento.
  comenta   0
"Volvemos ao momento de partida tendo que volver tratar e confirmar os puntos craves e o marco de entendemento xa recoñecido hai 11 días", expón o comité de folga. Agora, emprázanse a unha nova reunión o próximo 9 de outubro.
  comenta   0
A ministra de Traballo defende en Santiago, durante o cume europeo de emprego, que "o dialogo social ten que chegar a Europa".
  comenta   0
Os sindicatos censuran que o Goberno galego "non ten interese en chegar a acordo" e "non quere saber nada de negociar un convenio único"
  comenta   0
Os manifestantes reclaman unha mellora das súas condicións laborais que supoña un aumento dos descansos e recuperar as condicións que en 2012, con motivo da crise económica, fóronlles "arrebatadas".
  comenta   0