O estudo traslada a varios contextos a redución do IVE para proxectar que impacto tería a medida de porse en práctica a través da análise do comportamento da economía galega a nivel macro e micro.
  comenta   0
Foi distribuído na súa totalidade en establecementos da cadea de supermercados FROIZ e ao seu franquiciado Mercamas. Pescanova ordea a retirada do producto.
  comenta   0
O 50% da enerxía virá de renovables en 2030, asegura no seu discurso. Anuncia rebaixa do IVE a alimentos, transporte gratis e plan de saúde mental. Comprometeuse a "continuar reforzando o Ingreso Mínimo Vital".
  comenta   0
O texto acordado pide que a Cámara galega inste á Xunta a demandar ao Goberno a urxente convocatoria do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) para abordar a reforma do modelo de financiamento autonómico.
  comenta   0
Así se desprende do auto do 31 de xullo da Audiencia Provincial de Pontevedra, que foi notificado nos últimos días, no cal os maxistrados estiman parcialmente o recurso de apelación interposto por Eusebio Novas, baixando a multa por un delito contra a Facenda Pública en grao de tentativa de 25.000 euros a 18.750 euros. Con todo, mantén o resto de sancións.
  comenta   0
Preguntado polas palabras do ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, que asegurou que o problema do sector é a necesidade de que aumente o consumo do peixe, e non unha baixada do IVE ao peixe como pide a industria, o presidente de Conxemar solicitou ao Goberno "un ministro de Pesca".
Entre as axudas impulsadas inclúese unha rebaixa temporal do 5 % do IVE da factura da luz ou a redución do imposto especial da electricidade, que pasou do 5,1 % ao 0,5 %. De finalizar estes apoios, a formación calcula que a factura dos consumidores podería experimentar un "encarecemento significativo", de 7 euros máis en cada factura, independentemente da tarifa contratada, for mercado libre ou tarifa regulada.
  comenta   0
Con todo, non fixo mención a unha das maiores críticas do grupo nacionalista, que acusou directamente ao alcalde Abel Caballero de "inventarse" a cifra de mil millóns de euros de retorno económico, da que non se achegou nin informe técnico, nin ningún documento que a avale.
A Cámara volve pedir unha rebaixa do IVE de peixes e mariscos, á vez que demanda un Perte específico para o sector.
  comenta   0
A Valedora do Pobo confirmoulle a Comisións Obreiras de Galicia a admisión a trámite da súa denuncia sobre a externalización das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) por parte do Sergas. Así o informou o sindicato nun comunicado, no que a secretaria xeral do sindicato, Amelia Pérez, tachou de "intolerable" que a Xunta "xustifique a medida nunha suposta falta de recursos, tanto materiais como humanos" e esíxelle cambios nas súas políticas para "garantir que as mulleres poidan exercer este dereito nos hospitais públicos".
  comenta   0
Os feitos ocorreron durante os exercicios 2011 e 2012, cando dous dos acusados dedicáronse a constituír ou adquirir polo menos 16 sociedades mercantís sen actividade, póndoas a nome dos seus cómplices (aos que pagaban pequenas cantidades) e coas que finxían importantes adquisicións intracomunitarias de mercadoría e entregas en territorio nacional a terceiras sociedades.
O lehendakari Urkullu revolucionou o galiñeiro político coa súa proposta de profundar na plurinacionalidade. A idea é moi atendible e, con ela, el érguese sobre a plana mediocridade española, alérxica aos grandes temas. Nunha democracia (que España nunca da chegado a ser) unha discusión constitucional debería verse non como un apocalipse senón como un exercicio de comunicación humana nunha comunidade política (comunicación e comunidade, tan vencelladas, Aristóteles). Pero nesta España polarizada e sen sentido común, non se ve así.
  comenta   0
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, avogou por aumentar a cota de sardiña en base aos informes biolóxicos ante os problemas no sector dado, ademais, o fin da pesca olímpica.
  comenta   0
O deputado do BNG Luís Bará esixiu este luns a Alfonso Rueda que exerza como presidente da Xunta e non como "delegado do PP" para defender os intereses de Galicia no debate aberto sobre o financiamento autonómico.
  comenta   0
Tamén piden impulsar a formación profesional pública para o comercio de alimentación e a promoción dos produtos pesqueiros entre outras.
  comenta   0
O conselleiro sostivo que non se poden promover baixadas nos prezos dos alimentos sen garantir o cumprimento da prohibición da venda a perdas recollida na Lei da cadea alimentaria en beneficio dos agricultores e gandeiros
  comenta   0
Con todo, a asociación considera que esta rebaixa debería estenderse a carnes e peixes, o cal reduciría a inflación ata o 14,9%.
  comenta   0
Os súper din que non se benefician, agricultores e gandeiros que non son culpables da alza e Cepesca pide a baixada do IVE ao peixe.
  comenta   0
O IPC mantense no 6,4% en xaneiro en Galicia, cinco décimas máis que a media nacional.
  comenta   0
As medidas de contención sobre os prezos como retirar ou baixar o IVE en determinados produtos realmente funcionan? Tanto os sectores produtivos, sectores terciarios e os consumidores cuestionan a eficiencia real destas solucións aportadas polo Goberno central. O incremento de prezos dentro da cadea de distribución está facendo moi difícil poder encher a cesta da compra.
  comenta   1