Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2025 | Actualizada ás 17:34
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu que os feitos polos que se xulga na Audiencia Nacional ao que foi director xeral de Administración Local entre 2009 e 2013, Norberto Uzal, "non teñen nada que ver co seu traballo na Xunta de Galicia", onde apuntou que "fai ao redor de 10 anos que xa non traballa".
En concreto, Uzal será xulgado por cometer supostamente unha fraude fiscal en concepto de IVE de hidrocarburos superior aos 154 millóns de euros no período comprendido entre 2016 e 2019.
Preguntado sobre a súa opinión respecto deste xuízo, Rueda esgrimiu que "fai ao redor de 10 anos que esa persoa non traballa xa na Xunta", así como que os feitos dos que se lle acusa "non teñen absolutamente nada que ver co seu traballo na Xunta de Galicia". "Por tanto, nada que dicir. A xustiza decidirá o que proceda cando recaia a sentenza", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.