Vázquez e Villares avanzan alegacións contra un texto estatal que "ataca a Galicia" e polo que culpan ao PSOE e ao "beneplácito do BNG".
  comenta   0
"Onte chegou ata aquí", dicíanos un veciño da zona sinalando a parte baixa do muro da súa casa mentres colocaba unhas pedras para conter unha nova invasión do mar na súa vivenda. Asegura que este ano chegaron con moita forza as ondas, e que cada ano semella que van a máis. "Cando eu era pequeno non chegaban as mareas ata aquí nunca", aseguraba.
  comenta   0
Devandito plan, explica, é un instrumento que comezou a tramitar en 2014 e que pese ao interese estratéxico para o municipio e o tecido empresarial non logrou aprobar aínda "debido ás trabas recibidas por parte do Goberno do Estado".
  comenta   0
O xuíz considera que a norma da Xunta ten como "única finalidade beneficiar" aos infractores da Lei de Costas. Pide ao TC que aclare se Galicia invade competencias ao limitar prazos sobre edificios ilegais en costa.
  comenta   0
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, negou que existan discrepancias sobre a Lei do Litoral co novo delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro.
  comenta   0
Di que o Supremo "expón na sentenza unha visión moi restritiva da protección do dominio público marítimo terrestre".
  comenta   0
A maxistrada que emitiu o voto particular denuncia que a prórroga á papeleira "producirá un sistema transitorio dun século de duración". Ence destaca que a sentenza é "firme, que senta xurisprudencia e que avala a validez da prórroga". Lores anuncia recursos porque a xente en Pontevedra está "molesta".
  comenta   0
A Comisión Europea iniciou o procedemento de infracción aberto contra España por falta de transparencia na adxudicación de concesións e realizar prórrogas de ata 75 anos en dominio público marítimo-terrestre pola Lei de Costas
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente di que se reunirán cos grupos políticos con representación no Parlamento para chegar a consensos
  comenta   0
Así o ratificou o presidente galego, Alfonso Rueda, na comparecencia ante os medios posterior ao Consello da Xunta, onde incidiu na idea de que o Goberno central, coas súas últimas decisións, busca a expulsión do litoral de presenza social e actividade económica sen unha adecuada fundamentación técnica.
  comenta   0
A Xunta xa traballa na presentación dun recurso contra esta lei "prexudicial" para o sector mar-industria, e interporao antes do 2 de novembro
  comenta   0
Defende que é posible un traspaso desta competencia sen reformar o Estatuto. Unanimidade do pleno da Deputación de Pontevedra para reclamar para Galicia as competencias do litoral
  comenta   0
Denuncian a complicidade dos gobernos do Estado e da Xunta co empresario actual propietario. As persoas despazadas até a illa sinalan que “non imos parar até que a Illa volte a ser pública”
  comenta   0
Rueda: "Interésanos moitísimo que o litoral estea preservado, pero a vida económica ten que seguir". A APDR celebra o "golpe" do tribunal ao PP "na súa pretensión de perpetuar" a fábrica en Lourizán.
  comenta   1
Unha ducia de veciños do concello de Sada pecháronse durante case dez días no interior dunha vella cafetería para resistir a orde de derribo que a ameaza. O goberno local asegura que o edificio é ilegal, pero os implicados no encerro aluden a intereses políticos.
  comenta   4
Un informe xurídico encargado pola Consellería do Mar dálle a razón a esta no tocante aos mariscadores da Ría do Burgo, e que administración debe pagar compensacións polo dragado que lles impediu faenar: o Goberno.
  comenta   0
ENCE vive xa o tempo de desconto. A chamada “Audiencia Nacional” (AN) estimou o recurso do Concello pontevedrés e de Greenpeace (o da Asociación pola Defensa da Ría vaise resolver axiña) e anulou a prórroga até 2073 que lle outorgara en xaneiro de 2016 o Goberno Rajoy cando estaba en funcións. Das resultas desta sentenza ENCE ocupa terreos de dominio público sen concesión válida dende 2018 e ten que marchar da ría de Pontevedra.
  comenta   0
O texto recolle, precisamente, a postura da Xunta e dos populares galegos de que a lei non teña efecto retroactivo nas concesións no dominio público marítimo.
  comenta   0
Defende modificacións para unha maior seguridade xurídica co fin de autorizar usos hostaleiros e recreativos en edificacións anteriores á norma.
  comenta   0
Piden cambios na nova Lei de Costas do Goberno central. PSdeG ve "demagoxia" na iniciativa dos populares e defende que limitar a 75 anos as concesións no litoral "non altera" a lexislación.
  comenta   0
Reitera ao Goberno central a súa oposición a que modifique a Lei de Costas porque danaría 500 construcións ao pé do mar, incluída a de Ence. Recibirá fondos da partida de 3 millóns para parques nacionais.
  comenta   0
Abel Caballero di que é unha medida que previrá o contaxio de coronavirus ao evitar que a xente bote as cabichas na area.