Na conmemoración da ratificación legal do actual Estatuto de Autonomía, Alberto Núñez Feijóo e o seu partido reiteraron a coartada xustificativa que veñen utilizando, durante a última década, para incumprir a inicial promesa formulada na campaña electoral do ano 2009 relativa a unha presunta iniciativa de reforma estatutaria: a situación política xerada en Catalunya a partir do recurso de inconstitucionalidade presentado polo PP de Rajoy contra o novo Estatuto aprobado en referendo polo corpo electoral catalán.