Ademais dos artistas que compoñen o cartel deste ano, haberá concertos a bordo, unha espectacular sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, catas e o roteiro por Vilaxoán. Alberto Varela, alcalde de Vilagarcía, comentaba na presentación oficial do festival que "poucos eventos están tan apegados a un territorio como o Revenidas e Vilaxoán".