Augas de Galicia deixou o pasado ano 164 investigacións por polucións sen resolver, aínda que aumentou o número de sancións tanto a concellos como a empresas e particulares. En total impuxo máis de medio millón de euros en multas, a pesar de que unha de cada catro analíticas realizadas presentaba índices de contaminación.