A metodoloxía educativa ApS, explican, integra os procesos de aprendizaxe coa realización de tarefas de servizo á comunidade. "Nun marco de reciprocidade, o alumnado traballa sobre as necesidades reais da contorna, o que lle permite mellorar o coñecemento nunha disciplina e ampliar a súa responsabilidade social".
  comenta   0
A organización leva dúas décadas traballando pola inclusión social, orientando, informando e acompañando ás persoas migrantes na Área Metropolitana da Coruña, a Mancomunidade de Ordes e a Comarca de Betanzos. Agora abre unha nova etapa cunha programación especial ao longo de 2024 para contribuír no debate dunha nova política de migración,
  comenta   0
Unha investigación da Universitat Oberta de Catalunya (UOC) apunta á necesidade de redefinir as políticas de inclusión dixital para rematar coas desigualdades dixitais e amosa de que maneira as desigualdades de xénero e de clase social que existen na vida material reprodúcense a través dos usos de Internet.
  comenta   0
Marta Estévez Grossi, investigadora lingüística na USC, asegura que as súas prácticas lingüísticas "son borradas", porque "non se ten en conta que as actividades por parte dos menores contribúen ao funcionamento das sociedades, evitando que sexan os propios gobernos do país de acollida os que teñan que gastar recursos económicos en intérpretes para que estes migrantes poidan acceder a toda unha serie de servizos aos que teñen dereito".
  comenta   0
Un estudo da Universitat Oberta de Catalunya puxo de manifesto as desigualdades na participación cultural que existen na sociedade. En barrios de renda baixa, o 58 % das persoas asisten regularmente a actividades culturais, nos de renda alta esta porcentaxe elévase ata o 75 %.
  comenta   0
O alcalde da localidade pontevedresa, Telmo Martín, sinalou que os 54 mozos migrantes que chegaron a Canarias desde a costa africana e que son acollidos desde o xoves na localidade, pediron traballo e son "xente preparada".
  comenta   1
Os migrantes acollidos nun albergue do Porriño descansan atendidos pola ONG Diversidades. O seu responsable di que se notou "un cambio" con respecto a outros procesos de acollida de cidadáns doutros lugares, como Afganistán ou Ucraína.
  comenta   1