Pechan os centros de acollida de migrantes de Santiago e Mondariz

Estes peches súmanse aos comunicados hai pouco máis dun mes dos centros de acollida situados no municipio lucense de Ribeira de Piquín e o coruñés de Sobrado dos Monxes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2025 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Os centros de acollida de migrantes situados no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, e no municipio pontevedrés de Mondariz botan o peche, segundo informaron fontes do Goberno. A clausura dos centros xestionados por ONG Rescate débese a que unha maioría dos acollidos completou xa o programa de emerxencia. Aínda que non concretaron aínda as cifras, os migrantes que aínda non acabaron o itinerario serán recolocados noutros centros.

Insisten tamén en que unha gran parte dos migrantes abandonan o programa cando se trasladan a redes de apoio propias, familiares e amigos, e atopan traballo. Tampouco transcendeu aínda en que data deixarán de operar os centros, aínda que serán clausurados ao longo deste mes. Estes peches súmanse aos comunicados hai pouco máis dun mes dos centros de acollida situados no municipio lucense de Ribeira de Piquín e o coruñés de Sobrado dos Monxes. O centro de Ribeira de Piquín contaba con 62 prazas, mentres que o de Sobrado dispuña de 74. Igual que ocorrerá agora cos de Santiago e Mondariz, aqueles que non completaran aínda o programa, foron recolocados.

Chegada dun centenar de migrantes refuxiados da guerra de Mali ao albergue do Monte do Gozo, en Santiago de Compostela
Chegada dun centenar de migrantes refuxiados da guerra de Mali ao albergue do Monte do Gozo, en Santiago de Compostela | Fonte: CÉSAR ARXINA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta