En concreto, os traballos de rodaxe, que arrincaron en agosto e finalizarán a mediados de novembro, teñen lugar en varias localidades galegas como Ferrol, Narón, Valdoviño, Xove, Pontedeume, Miño, Sada, As Somozas e Cedeira; ademais de Bergondo, Abegondo, Fene, As Pontes e San Sadurniño.
  comenta   0
Tamén nas marxes da estrada LU-540, no tramo entre Viveiro e Cabreiros, e na LU-124, en Mondoñedo; en Ourense na estrada OU-902, que comunica O Carballiño e O Irixo; e en Pontevedra na AG-51, en Salvaterra, na AG-56, que une Moaña e Cangas, na VG-4.6, que une Cangas e Bueu, e na CG-4.1, do Morrazo.
  comenta   0
Tamén se renovarán os traballos nas marxes da estrada LU-540, no tramo entre Viveiro e Cabreiros, e avanzarán as actuacións na LU-124 en Mondoñedo.
  comenta   0
Explican desde o servizo que, no caso de que isto chegase a ocorrer, provocaría unha crecida repentina do caudal do río, que transcorre polos concellos de San Sadurniño, Neda, Narón, e que desemboca no río Grande de Xubia.
  comenta   0
O septuaxenario falecido en San Sadurniño perdeu o control do tractor na manobra marcha atrás, tras o que envorcou.
  comenta   0
Enel Green Power quere construír seis parques na zona noroccidental da provincia da Coruña, cunha potencia conxunta de 611 megawatts.
  comenta   0
O centro de Saúde de San Sadurniño, da área Sanitaria de Ferrol, ampliou a súa atención pediátrica cunha nova pediatra que prestará asistencia o cinco días da semana.
  comenta   0
Un centenar de persoas congregáronse este sábado no Hospital Arquitecto Marcide para protestar. Son veciños de San Sadurniño, Moeche, Cerdido, As Somozas, Fene, A Capela, Ares ou Mugardo, os conellos coas principais deficiencias.
  comenta   0
A evacuación levouse a cabo con normalidade e sen que en ningún momento houbese perigo para os usuarios.
  comenta   0
Di que ao comezo non lle tiña apego ningún ao ordenador... Mais unha vez que se afixo a el non houbo volta atrás. Cruz é unha das mulleres da canle de YouTube Teño unha horta en San Sadurniño e agora tamén leva outra máis: As hortucas de Ferreira. Mostra un rural vivo, dinámico e moderno, que racha patróns e que, ademais, traspasa fronteiras. Ten seguidores internacionais e moitos coñecementos agrícolas que seguir compartindo cos seus subscritores.
  comenta   0
Os plenos de Cerdido, Moeche e San Sadurniño demandan á Xunta que restableza o servizo de pediatría, mentres veciños de Mugardos concéntranse para pedir a presenza a diario de todos os médicos do centro de saúde.
  comenta   0
O V encontro audiovisual Chanfaina Lab xa está aquí. 32 creadoras chegan a San Sadurniño para filmar curtametraxes que teñen como protagonistas o territorio do concello e a veciñanza do lugar.
  comenta   0
Drons do 112, Garda Civil, Protección Civil, familiares e veciños participaron no operativo de procura.
  comenta   0
GC acudiu á proxección das curtas Cruz Piñón, Fisterra, carne de safari e Las filanderas e conversou coas súas directoras na segunda sesión de Etnografía, muller e cinema da 13º MICE.
  comenta   1