A deputada socialista Lara Méndez cargou contra o "modo antidemocrático" de actuar desta empresa, "máis propio doutros tipos de réxime", cun dono que botou a tres traballadoras "sen ningún motivo" tras decidir pechar a fábrica por mor dun expediente laboral aberto pola Inspección de Traballo por deficiencias en materia de seguridade
"Nesta empresa levámonos bastante ben e non necesitamos patronais nin sindicatos", afirma o propietario da emblemática firma no seu escrito a Inspección de Traballo deste mércores