O discurso de odio cara as persoas racializadas, inmigrantes ou a discriminación por razón de sexo ou orientación sexual parecen vivir unha época de expansión. O acceso a discursos terxiversados, a mentiras ou loiadas e noticias descontextualizadas mediante a Internet está facendo pensar en se os máis novos van perdendo valores de convivencia e democráticos para deixarlle paso a valores totalmente contrarios á dignidade humana, sexa cal for o sinal identitario de cada ser humano.
  comenta   0
A investigadora da UVigo Emma Torres desvelou nas xornadas HumorSofías, o I Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor celebrado en Santiago esta semana, como "o humor foi usado en moitos casos como xustificación do contido sexista que incorporaban estes anuncios publicitarios".
  comenta   0
Mariluz Esteban Galarza estudou medicina mais o seu campo de traballo é a antropoloxía feminista en relación á medicina. Participante no XVI Congreso de Antropoloxía que se celebra na Coruña, explica as implicacións da antropoloxía dentro do campo da saúde e como se poden desenvolver novas vías de xestión sanitaria. Á parte, no congreso presentará unha proposta didáctica baseada en textos, música, son e imaxe co que pretende tanto ela como os seus colegas, romper os convencionalismos dunha intervención científica.
  comenta   0
Abelleira pide "un punto de inflexión" para que "ningún éxito das deportistas sexa manchado por ningún comportamento. A Xunta pide a súa dimisión. A Deputación de Lugo acusa a Rubiales de "culpabilizar á vitima".
  comenta   0