Xosé Luis Barreiro Rivas (Forcarei) xubílase este ano do seu posto na Facultade de Ciencias Políticas da USC. Foi unha das figuras máis trascendentais na política galega antes da irrupción de Fraga. Tivo luces, como a creación dunha gran televisión pública en galego, e sombras, como a súa inhabilitación para cargos públicos por seis anos. Nesta entrevista lembra os últimos 35 anos da vida política galega que tamén ten luces e sombras e fala, tamén, da influencia dos medios de comunicación na política. "Os que publicaron a famosa foto de Feijóo (con Marcial Dorado) e de Quintana (no iate de Jacinto Rey) sabían que estaban enganando ao persoal", asegura.