A serie galego-portuguesa 'Motel Valkirias', galardoada co premio Prata no festival de televisión e cinema de Nova York

A serie, de oito capítulos, está ambientada nun espazo singular, nun motel fronteirizo, un lugar estancado no tempo, esquecido das comunicacións e do progreso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2024 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

A serie 'Motel Valkirias' foi galardoada co premio Prata nos New York Festivals TV & Filme Awards 2024 na categoría de programa de entretemento/drama. Os gañadores destes premios de cinema e televisión que recoñecen a creatividade na produción audiovisual en todo o mundo anunciáronse na xornada do mércores nunha cerimonia virtual.

Esta é unha ficción galego-portuguesa, producida por CTV e SPi, coa participación de TVG e RTP e que se estreou en marzo de 2023 en HBO España e na TVG. A serie, de oito capítulos, está ambientada nun espazo singular, nun motel fronteirizo, un lugar estancado no tempo, esquecido das comunicacións e do progreso.

Neste contexto, sitúase a trama da serie, en que, a modo de 'dramedy', abórdanse temas como a presión social sobre as mulleres ou a precariedade económica á que están expostas. 'Motel Valkirias' xa recibiu en 2023 o premio Circom da asociación das televisións rexionais europeas e está preseleccionada este ano nos premios iberoamericanos Platino.

A serie 'Motel Valkirias'. CTVG
A serie 'Motel Valkirias'. CTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta