Previsiblemente será este próximo venres cando o Ministerio de Sanidade aprobe o borrador do 'Plan Integral de Prevención e Control do Tabaquismo 2024-2027', que incluiría tamén a prohibición de vapeadores con aromas.
  comenta   0
Comesaña avanza que o mércores se publicará no DOG a apertura de prazo para elixir praza no concurso de méritos de postos de difícil cobertura.
  comenta   0
O secretario de Estado do Ministerio de Sanidade, Javier Padilla, asegurou que este xoves o Ministerio vai trasladarllo as comunidades.
  comenta   0
Alerta de que cada vez máis mozos fuman, aínda que a tendencia na poboación xeral é a diminuír o consumo de tabaco. Unha de cada catro nenas de 13 a 15 anos fuman. A Citisina está a ser un eficaz tratamento que axuda a que un 30 ou 40 % dos fumadores deixen o hábito.
  comenta   0
Asegura que, "a un europeo, se botamos contas, pódelle saír gratis a viaxe vindo a España e levando dous cartóns de tabaco, que veñen a ser unhas 40 caixas, para o seu país". Por exemplo, tendo en conta que en Francia o paquete se paga a 10,2 euros, 40 custaríanlle a un francés 408 euros. Se se vén a compralas a España, onde o prezo medio é de 4,5 euros, pagaría 180, é dicir, 228 euros menos.
  comenta   0
César Sánchez-Ballesteros, presidente da Federación de Hostalería de Pontevedra (Feprohos), asegura que, "con esa normativa, ao final o que ten máis risco de ser sancionado, aparte ou máis que o fumador, adoita ser o hosteleiro". Se o cliente se nega a soltar o pitillo, como ten que actuar o dono do local?
  comenta   0
"Moitas veces se as leis non se seguen endurecendo a xente esquécese do malo que pode chegar a ser o consumo de tabaco, e chega un punto no que mesmo normaliza o hábito, que é algo que pode pasar", plantexa a investigadora postdoutoral.
  comenta   0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, informou desta iniciativa do goberno local e detallou cales son eses "desaxustes que podemos observar todos" como o volume excesivo de veladores nalgúns puntos ou terrazas que dificultan a circulación dos peóns.
  comenta   0
O partido do alcalde Gonzalo Pérez Jácome, Democracia Ourensana, será o único que vote mentres os demais grupos absteranse durante o pleno.
  comenta   0
O goberno local aprobou nunha sesión no mes de xuño o proxecto de Ordenanza Municipal sobre instalación e uso de terrazas. O PSOE presentou oito emendas, que o goberno municipal rexeitou por varios motivos.
  comenta   0