En realidade chamábase María Soliño e tras quedar viúva pola morte do seu marido a mans dos corsarios beberiscos que invadiron Cangas no século XVII, era unha muller adiñeirada desprotexida ante os desexos de poder e riquezas do clero.
  comenta   0
A portavoz do colectivo, Vicky Estévez, advertiu que os "empresarios da tortura animal teñen apoios" para tratar de "incrementar de novo o financiamento público ou a publicidade" ás corridas de touros.
  comenta   0
O arrestado é "altamente perigoso" e ten pendente cumprir un total de 40 anos en prisión polos numerosos delitos cometidos en Colombia.
  comenta   0
A reporteira galega Miriam González está en zona de guerra. Trasladouse a Izium, onde investigadores ucraínos toman os territorios liberados de Kharkiv para documentar os presuntos crimes de guerra cometidos polo exército ruso. O presidente de Ucraína, Volodímir Zelenski, informou da aparición de “dúas fosas comúns máis, con centos de persoas”, onde xa se exhumaron 447 corpos nun enterramento masivo cerca do cemiterio.
  comenta   0
O acusado declarou ser a vítima dos golpes, pero a Sala di que esa "versión non resulta crible, a diferenza da do axente lesionado e o seu compañeiro", a pesar de que as testemuñas do sindicalista declararon o contrario.
  comenta   0
O Movemento Galego da Saúde Mental pide "intención e firmeza" para "rachar a fenda" de desigualdade, violencias e paternalismo na atención en saúde mental.
  comenta   0
Unha emenda do Goberno central prevé recoñecer aos funcionarios de prisións como axentes da autoridade. Unha petición de 26 organizacións require aos grupos parlamentarios do Congreso non abrir a porta ao retroceso nos dereitos fundamentais e na dignidade das persoas presas. Falamos con Jorge del Cura, membro do Centro de Documentación Contra la Tortura.
  comenta   0
Un total de 26 organizacións demandan que o PSOE e Unidas Podemos se boten atrás no que consideran "un paso adiante na consolidación da cultura de abuso de poder e impunidade denunciada polo Consello de Europa".
  comenta   0
Un novo informe do Macanismo Nacional de Prevención da Tortura revela que en Conxo se seguen a vulnerar dereitos fundamentais. "Non é que volvamos a prácticas que xa estaban erradicadas, é que continúan funcionando".
  comenta   2
Leva o nome de "Constantino López e Pedro Rico", torturados e asasinados polos franquistas en 1947.
  comenta   0
A protesta xorde tras uns vídeos difundidos pola ONG Cruelty Free sobre o centro de experimentación desta compañía en Madrid.
  comenta   0
Moitos temos leído o recente artigo de Molly Ball no Time, “The Secret History of the Shadow Campaign That Saved the 2020 Election”. Un artigo bo, longo e asisado. Todo o mundo debería lelo: nel explícasenos como moitas persoas importantes, medios, empresas e outras forzas sociais xúntanse no inverno 2019-2020 nun esforzo sen precedentes para formar unha especie de grande “coalición dos bos” que impedise a calquera prezo un novo triunfo electoral do tolo, supremacista e machista e racista Trump.
  comenta   0
Esquerda Unida denuncia falta de actuación da Xunta nun centro que é "máis semellante a unha prisión". A Xunta di que xa se realizaron "correccións".
  comenta   0