O historiador e xornalista Juan Ignacio Codina vén de presentar un libro no que recolle os personaxes históricos antitaurinistas. Entre eles están Emilia Pardo Bazán, Wenceslao Fernández Flórez ou Frai Benito Feijoo. Segundo conta, "o antitaurinismo é unha corrente de pensamento moi antiga". Nesta reportaxe percorremos a loita dende eses personaxes ata a actualidade dos colectivos galegos contra as touradas.