O sábado 16 recitarán o poeta belga Julie Lombe, o poeta lituano Marius Povilas e as poetas galegas Alba Cid, Yolanda Castaño e Silvia Pena. O domingo 17 será quenda do poeta grego Artemios Moulos, o surafricano Motswitla Hlakotsa e as galegas Estíbaliz Espinosa, Dores Tembrás e Antón Lopo.
Así o reflexa o estudo do Observatorio da Cultura Galega con respostas de 960 entidades do sector. Séguenlles: Yolanda Castaño, co Premio Nacional de Poesía e a publicación de 'Materia' (5,5 %), e a película 'As bestas', de Rodrigo Sorogoyen (5,5 %).
  comenta   0
O ciclo 'Poetas Di(n)versos' acollerá unha nova edición no próximo mes de novembro, da man de Yolanda Castaño, gañadora recentemente do Premio Nacional de Poesía 2023.
A Premio Nacional de Poesía 2023 destaca que este galardón "reivindica a alta calidade da literatura galega desde hai varias décadas". Castaño recibiu a noticia da directora xeral do Libro e Fomento da Lectura coa quete ten unha relación "desde hai anos". Atópase en México para participar nun festival de poesía e alí defende que "un Estado debería enorgullecerse de ser plurilingüe".
  comenta   0
O xurado destacou que "en 'Materia', Yolanda Castaño móstranos unha poesía metafórica que dialoga coa memoria persoal e colectiva e, á vez, directa, radical e feminista. Explora, de forma non compracente, temas como a maternidade, a familia e os costumes e logra sacar a realidade da súa nebulosa habitual para concretala en materia lingüística, destacando o xogo verbal e rítmico que cuestiona o establecido".
  comenta   0