Temas: VERáN CALOR

A case 40 graos en Galicia

A localidade ourensá de Vilamartín de Valdeorras rozou os 40 graos de temperatura máxima. Outros catro puntos da xeografía galega superaron os 38 graos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

A localidade ourensá de Vilamartín de Valdeorras rozou os 40 graos centígrados de temperatura máxima nun luns no que outros catro puntos da xeografía galega que permanecían en aviso amarelo por calor superaron os 38 graos.

Calor
Calor | Fonte: Xunta.

Segundo os datos de Meteogalicia, os 39,3 graos alcanzados na Portela (Vilamartín) ás 16,40 horas deste luns foi o pico de calor rexistrada en Galicia nesta xornada, na que o sur de Lugo e a provincia de Ourense permanecían en aviso amarelo por altas temperaturas.

Ademais, outras catro localidades viron como os termómetros pasaban os 38 graos esta tarde. En Remuíño —Arnoia (Ourense)— o mercurio alcanzou os 38,5 graos ás 17,00 horas; mesma tempetura rexistrada en Míllara —Pantón (Lugo)— unha hora e corenta minutos máis tarde.

Verín (Ourense) con 38,4º e Leiro (Ourense) con 38,0º pechan o 'podio' de puntos máis cálidos da xeografía galega este luns.

O aviso amarelo por altas temperaturas desaparece en Galicia para este martes, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Por contra, activa o aviso amarelo por treboadas para as provincias de Lugo e Ourense para o segundo día da semana, no que os termómetros descenden en todo o país, aínda que se prevé que excedan os 30º en puntos de Lugo e Ourense.

Temas: VERáN CALOR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta