Temas: MIñO VERáN MORTE

Morre un home na praia de Perbes

Un home faleceu na tarde deste luns despois de ser rescatado da auga na praia de Perbes do concello coruñés de Miño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/07/2019 | Actualizada ás 19:52

Comparte esta noticia

Un home faleceu na tarde deste luns despois de ser rescatado da auga na praia de Perbes do concello coruñés de Miño. O suceso ocorreu sobre as 16,00 horas, momento no que varios particulares alertaron ao 112 Galicia de que un home fora rescatado da auga. Ademais, indicaban no seu relato que varias persoas estaban a tentar reanimar á persoa.

Praia de Perbes, no concello de Miño
Praia de Perbes, no concello de Miño | Fonte: Xunta.

Desta maneira, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes da Garda Civil. Tamén foron informados os socorristas da praia, aínda que os medios desprazados ao lugar confirmaron que o home estaba xa fóra da auga.

Con todo, e a pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.

Temas: MIñO VERáN MORTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta