Santiago afronta as Festas do Apóstolo cunha ocupación hoteleira un 10% menor á do ano pasado

A estancia media por visitante é aproximadamente de 1,8 días, pero esta cifra "tende a aumentar" nos meses de verán debido ás festividades, ao maior número de peregrinos e ao clima.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela prepárase para celebrar as súas Festas do Apóstolo cunha ocupación hoteleira próxima ao 68%, que podería aumentar debido á chegada de peregrinos e as "reservas de última hora", aínda que, en principio, é inferior á de hai un ano.

Segundo as previsións da Asociación de Hostalaría de Compostela, a taxa de ocupación que se espera durante esta festividade na capital galega --24, 25, 26 27 de xullo-- é un de 67,97% en hoteis e un 69,21% de reservas en pensións. A pesar disto, as cifras poden variar e chegar ata o 70% debido ás "reservas de última hora" e á chegada de peregrinos.

Por outra banda, a taxa de ocupación hoteleira global durante o mes de xullo está prevista nun 63,66%, tamén inferior á do ano pasado, cando se situou nun 73%. Doutra banda, o número de turistas aloxados en pensións tamén se reduciu, pasando dun 84% no 2018 a un 68,62% en xullo do 2019.

Deste xeito, a ocupación hoteleira en Santiago de Compostela durante o mes de xullo diminuíu un 10% con respecto ao ano pasado. Así mesmo, a estancia media por visitante é aproximadamente de 1,8 días, pero esta cifra "tende a aumentar" nos meses de verán debido ás festividades, ao maior número de peregrinos e ao clima.

Peregrinos a escasos metros da Catedral de Santiago de Compostela.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Peregrinos a escasos metros da Catedral de Santiago de Compostela.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta