Unha asociación contra o cancro de mama e a xurista Ángeles Carmona recibirán as Medallas Emilia Pardo Bazán

Cooperativa Lácteas Unidas (CLUN) tamén recibirá o galardón, que se entregará o próximo 16 de setembro na Coruña.

Por E.P. | Compostela | 01/08/2019 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este xoves que a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama (Adicam), Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e a presidenta do Obsevatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Ángeles Carmona, serán os galardoados na primeira edición das Medallas Emilia Pardo Bazán.

Así o adiantou o presidente galego na rolda de prensa tras a reunión semanal co seu Executivo. Neste sentido, indicou que foi un xurado o que considerou tanto á vogal do CGPJ como aos outros dous colectivos como "merecientes" desta distinción.

As Medallas Emilia Pardo Bazán, que se entregarán na Coruña o próximo 16 de setembro --data de nacemento da escritora que lles dá nome--, tratan de "recoñecer a persoas que son referente" no traballo pola igualdade entre mulleres e homes.

Sobre Adicam, a asociación contra o cancro de mama con sede en Cangas (Pontevedra), Feijóo destacou que é un "referente" e ten ao redor de 1.400 mulleres socias. En concreto, explicou que levou a cabo iniciativas "de repercusión social" como 'Apálpate', na que un grupo de voluntarias promulgou por zonas rurais a autoexploración mamaria.

Pola súa banda, Ánteles Carmona Vergara (Sevilla, 1965) é secretaria xudicial, vogal do CGPJ e presidenta do seu Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero desde 2014. Neste sentido, o presidente da Xunta destacou que desde este cargo participou "en numerosas" iniciativas contra a violencia de xénero en Galicia, entre elas unha comisión sobre esta temática no Parlamento autonómico.

A terceira medalla será concedida a Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), un colectivo nado da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto que en 2013 puxo en marcha 'Abrandares de seu', unha campaña que, tal e como asegurou Feijóo, traballa pola igualdade de xénero e a inclusión de mulleres na cooperativa.

A presidenta do Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Ángeles Carmona  Arquivo
A presidenta do Observatorio de Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), Ángeles Carmona Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta