O Concello de Pontevedra impulsa unha campaña específica contra a violencia sexual

A edil socialista Paloma Castro di que dentro desta iniciativa inclúese a instalación de 'Puntos Morados' durante os días de maior afluencia de xente na semana grande das festas da Peregrina

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2019 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

'Sen ou meu si, non', este é a lema da nova campaña de sensibilización, información e concienciación impulsada polo Concello de Pontevedra en materia de igualdade, prevención e loita contra a violencia sexual.

A concelleira de Igualdade, Paloma Castro explicou que dentro desta iniciativa inclúese a instalación de 'Puntos Morados' durante os días de maior afluencia de xente na semana grande das festas da Peregrina. Ademais, divulgarase un vídeo e repartiranse dípticos con información que serán repartidos nos diferentes puntos informativos e, durante o curso, poranse a disposición nos centros educativos do municipio.

A campaña incide na diferenza entre agresión, abuso sexual e o consentimento nas relacións, cunha longa lista de supostos onde se explica que "non dicir non de maneira explícita non significa si", do mesmo xeito que o silencio, non responder ou a indecisión. Igualmente non hai un acordo activo para participar nun acto sexual se se está baixo os efectos de drogas, incluíndo nelas o alcol, ou se está nunha situación de inconsciencia.

A campaña advirte das condutas "normalizadas" e "sutís" ao noso ao redor e que pasan "desapercibidas", como son os "micromachismos", incidindo na importancia de "porlles freo" para non alimentar "a cultura da violación". Finalmente márcanse unhas pautas de actuación para que sigan aquelas persoas que sufriron unha agresión e os teléfonos aos que teñen que acudir para informase e denunciar.

PROTOCOLO

A concellaría de igualdade do Concello de Pontevedra está a elaborar un protocolo de actuación para casos de violencia sexual. Esta sendo confeccionado por profesionais en igualdade e persoal do Centro de Información á Muller e será levado para a súa aprobación á Mesa técnica de coordinación para a loita contra a violencia de xénero.

A edil socialista Paloma Castro lamentou que "está en perigo a integridade das mulleres". "Mentres sigamos vivindo nunha sociedade machista e patriarcal e haxa energúmenos que sigan pensando que por ser homes teñen o control, non nos queda outro remedio ás institucións que protexer ás mulleres para que poidan pasar o seu lecer e as festas en liberdade".

Manifestación en Vigo contra a violencia machista
Manifestación en Vigo contra a violencia machista | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xenaro S.A.

"A CONCELLARÍA DE IGUALDADE do Concello de Pontevedra está a elaborar un protocolo de actuación para casos de violencia sexual. Esta sendo confeccionado por profesionais en igualdade e persoal do CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER e será levado para a súa aprobación á MESA TÉCNICA DE COORDINACIÓN PARA A LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO". Canta empoderada hai aí metida trincando 2000/€ ao mes?