Temas: BANCA EMPRESA

A Facultade de Economía e Empresa da UDC aproba manter a oferta do grao en Ciencias Empresariais

Por E.P. | A CORUÑA | 08/08/2019 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

A Xunta da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (UDC) aprobou, por unanimidade, manter a oferta do grao en Ciencias Empresariais, segundo informa o reitorado en relación a un acordo adoptado o pasado 24 de xullo.

Desta maneira, darase continuidade "a un título de longa tradición e prestixio na Universidade da Coruña, que conta cun notable recoñecemento por parte da sociedade, manifestado tanto na demanda de ingreso dos estudantes como na inserción laboral dos graduados", engade.

Por outra banda, o máster en Banca e Finanzas da UDC, que se imparte nesta facultade, converteuse no único máster universitario en recibir a acreditación do Banco de España para informar e asesorar en contratos de crédito inmobiliario.

En concreto, o reitorado explica que, o 26 de xullo, esta máster foi incluído na listaxe de títulos recoñecidos polo Banco de España para acreditar estes coñecementos e competencias.

Xornada sobre iniciativas empresariais saídas das aulas
Xornada sobre iniciativas empresariais saídas das aulas | Fonte: UdC

Temas: BANCA EMPRESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta