O Concello da Coruña desbota a remunicipalización das bibliotecas municipais

Marea Atlántica vincula con "unha falta de valentía política" a decisión de paralizar o proceso de recuperación "para o público" da rede de bibliotecas municipais.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 12/08/2019 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A xunta de goberno do Concello da Coruña aprobará este martes deixar sen efecto o encargo á Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (Emvsa) para prestar servizos bibliotecarios á rede de bibliotecas municipais da cidade, así como os servizos de apoio técnico e operativo.

Desta maneira, segundo informa o goberno local, quedará sen efecto o encargo á entidade municipal --realizado por Marea Atlántica cando gobernaba --co fin de tramitar a licitación dun novo servizo "que garanta os postos de traballo dos actuais traballadores".

Marea Atlántica vincula con "unha falta de valentía política" a decisión de paralizar o proceso de recuperación "para o público" de toda a rede de bibliotecas municipais. "Desta maneira, o goberno --local-- bota pola borda tres anos de traballo xurídico e unha vía para enfrontarse ás leis de austeridade impostas por Rajoy e que podía servir de exemplo noutros concellos e institucións", sinala a portavoz de Marea Atlántica, María García.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña
Inés Rey, alcaldesa da Coruña | Fonte: cadenaser.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta