Reducir un 40% o consumo anual de enerxía, obxectivo da última convocatoria de axudas de Mar ás confrarías

A convocatoria nace para modernizar as instalacións interiores a partir de tecnoloxía led, a incorporación de sistemas de control de aceso ou de regulación dos niveis de iluminación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2019 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar convocou axudas destinadas ás confrarías de pescadores destinadas a proxectos de mellora de iluminación nas lonxas. En concreto, destina máis de 250.000 co obxectivo de lograr reducir nun mínimo do 40 por cento o consumo anual nestes emprazamentos.

Así o trasladou a responsable do departamento autonómico, Rosa Quintana, durante unha visita á lonxa de Porto do Son, este martes. A convocatoria nace para modernizar as instalacións interiores a partir de tecnoloxía led, a incorporación de sistemas de control de aceso ou de regulación dos niveis de iluminación.

Quintana valorou, deste xeito, que Galicia de "un paso máis" no que complementa a última partida de axudas á modernización de portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque, a partir da que se aprobaron 32 subvencións a 26 a confrarías por un importe de 800.000 euros tanto para mellorar a calidade de produtos, elevar o control e a rastrexabilidade dos produtos, entre outros.

Un deles, sinalou, o proxecto da confraría de Porto do Son, que contou cunha achega duns 5.000 euros, a partir dos que levou a cabo unha serie de melloras que lle permitiu aforrar un 75 por cento do consumo eléctrico nesta materia.

Rosa Quintana durante os actos do Día Do Carme. XUNTA DE GALICIA
Rosa Quintana durante os actos do Día Do Carme. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta