A Xunta abre a convocatoria de axudas para a "consolidación e estruturación" de centros tecnolóxicos

Entre os conceptos subvencionables, enmárcase o "persoal investigador, material bibliográfico e formación do persoal", apuntou a Xunta. Os interesados poden presentar as súas solicitudes ata ao 13 de setembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2019 | Actualizada ás 13:53

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou unha convocatoria de apoios para a "consolidación e estruturación" dos centros tecnolóxicos de Galicia á que destinará un total de 5,4 millóns de euros.

A medida pretende "incentivar a transferencia de resultados de investigación, de coñecemento e capacidades tecnolóxicas" dos centros tecnolóxicos e conseguir un "impacto na competitividade das empresas galegas" e así "xerar coñecemento", explicou a Xunta nun comunicado.

Poden optar o nove centros que figuran no rexistro estatal de Ministerio: Aimen, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant), Anfaco-Cecopesca, Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), EnergyLab, Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (Cetim), o Centro Tecnolóxico de Auga (Cetaqua) e o Clúster de Acuicultura de Galicia (Cetga).

As axudas distribúense en función de varios indicadores que valoran "a perspectiva financeira, de resultados, excelencia e de igualdade de xénero", informou Economía. Así mesmo, os requisitos están centrados na "capacidade de transferir resultados á empresa" e "contribuír á economía galega".

Entre os conceptos subvencionables, enmárcase o "persoal investigador, material bibliográfico e formación do persoal", apuntou a Xunta. Os interesados poden presentar as súas solicitudes ata ao 13 de setembro.

Sede de Aimen Centro Tecnolóxico
Sede de Aimen Centro Tecnolóxico | Fonte: Aimen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta