A CIG pide que as inspeccións de servizos sociais "anunciadas" se realicen durante esta ponte

O sindicato denuncia "condicións laborais en precario e de sobrecarga de traballo, coa repercusión que isto ten na atención aos residentes dos centros".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/08/2019 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A CIG pide que a campaña de inspección de servizos sociais que "anunciaba" a conselleira de Política Social, Fabiola García, a finais de xuño se realice nos festivos do 15 e 16 de agosto.

"Vai terminar o verán e as inspeccións anunciadas aos catro ventos aínda non se realizaron, polo que está sen verificar o cumprimento dos cocientes de persoal e a ocupación máxima dos centros residenciais", advirte a central nacionalista.

Respecto diso, denuncia "condicións laborais en precario e de sobrecarga de traballo, coa repercusión que isto ten na atención aos residentes dos centros".

Exhibición nunha residencia de maiores de fragmentos da película 'Quen a ferro mata'. INCIS
Exhibición nunha residencia de maiores de fragmentos da película 'Quen a ferro mata'. INCIS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta