Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2019 | Actualizada ás 14:37
A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) anunciou este martes a apertura do cuarto prazo de matrícula para estudar nas universidades galegas, co peche doutras nove titulacións.
En concreto, os que pechan nesta terceira convocatoria son os graos de Educación Infantil (7,33) e Enfermaría (9,768) da Universidade de Vigo no campus de Ourense e os de Enfermaría (9,879) e Fisioterapia (10) do campus de Pontevedra. Tamén afecta o Grao de Enfermaría-Meixoeiro (10,167) e ao Grao de Química (5,736), correspondentes ao campus de Vigo.
Na Universidade de Santiago (USC) pecha o Grao de Farmacia (9,31), mentres que a da Coruña pecha dous graos do campus de Ferrol, o de Enfermaría (9,669) e o de Podoloxía (5,35).
Todos os alumnos admitidos terán de prazo desde este mércores, día 21, ata as 14,00 horas do venres 23 de agosto para formalizar a súa matrícula.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.