As reservas dos grupos sanguíneos 0- e 0+ atópanse baixas en Galicia

Para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2019 | Actualizada ás 11:16

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+) e Cero negativo (0-) atópanse en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) e A positivo (A+) están normais, segundo a información facilitada pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

En concreto, ADOS lembra que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, este luns, 26 de agosto, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Aranga, A Coruña --Rolda de Outeiro no barrio dos Mallos e no Obelisco-- e Tordoia --diante do Concello--.

Tamén o luns haberá unidades móbiles no concello lucense de Barreiros --fronte ao Concello-- e nos ourensáns de Carballeda de Avia --fronte ao antigo Consistorio-- e Avión --campo da feira--.

Así mesmo, este día 26 ADOS enviará unidades móbiles aos municipios pontevedreses da Estrada --praza do Concello--, Salvaterra do Miño --praza do Concello-- e Vigo --barrio de Teis--.

Doazón de sangue
Doazón de sangue

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta