Temas: AUGA PONTEVEDRA

O Concello de Pontevedra aproba a rede de auga para 448 vivendas da parroquia de Marcón

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2019 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou o único punto que figuraba na orde do día fixado para este luns, a ampliación da rede de abastecemento desde a saída do depósito de Castrosenín para a parroquia de Marcón.

En concreto, este luns aprobouse o proxecto de obra por un importe de 4.337.626 euros. O prazo de execución é de 24 meses e faise con cargo ao contrato de concesión do servizo de auga a Viaqua.

A importancia desta medida "cunha cifra bastante espectacular", segundo explicou a portavoz municipal, Anabel Gulías, "pon de manifesto o compromiso deste goberno local co investimento no rural".

Deste xeito, trátase de máis de catro millóns de euros para 448 vivendas que non dispoñen na actualidade de abastecemento de auga potable. O goberno local considera que esta obra "vai ser moi positiva", sinalou a portavoz municipal.

As obras inclúen a unha parte da parroquia de Mourente e á práctica totalidade da de Marcón, excepto os lugares de Pintos e A Peralba por problemas da cota xa que están máis altos que o depósito.

Os lugares onde se van a levar a cabo as canalizacións son os de Vilafranca, Pazos, A Ermida, Marcón, Ría de Arriba e Ría de Abaixo, A Barcia, A Cardosa, Freixeiro, A Raxeira e Moldes. Ademais afecta aos viarios PO-532 e PO-542 pertencentes á rede autonómica.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores

Temas: AUGA PONTEVEDRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta