A alcaldesa da Coruña confirma que reestruturará o seu goberno para "racionalizar" servizos

Confía en presentar os orzamentos municipais de 2020 "en tempo e forma"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/09/2019 | Actualizada ás 15:32

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, mostrouse confiada en poder presentar os orzamentos municipais de 2020 "en tempo e forma" para así poder iniciar a súa execución no mes de xaneiro. Así mesmo, confirmou que en "estes días" estudarán a reestruturación de concellarías co obxectivo de "racionalizar" e "unificar" servizos.

"O concelleiro de Economia e Facenda púxonos deberes a todos os concelleiros para este verán. Deberes que foron cumprimentados oportunamente polas distintas concellarías", indicou Inés Rey, a preguntas dos xornalistas, antes de participar no acto de recibimento aos nenos saharauís que pasaron o verán con familias de acollida.

Rei explicou que as concellarías remitiron os documentos orzamentarios polo que "agora traballarase na configuración" destas contas para "para poder falar co resto de grupos e presentar o orzamento para o próximo ano en tempo e forma, e poder iniciar a súa execución a 1 de xaneiro ", engade.

Neste sentido, subliñou que desde o Goberno local manteñen "contacto permanente con todos os grupos, todos os meses". "E así "seguiremos", sinala a rexedora, que defende o "dialogo permanente" que mantén cos diferentes grupos da oposición.

REESTRUTURACIÓN DE CONCELLARÍAS

Á marxe deste asunto, a rexedora confirmou que desde o goberno local estudarán "estes días" como realizar a "reestruturación de concellarías". Unha reestruturación que, segundo apuntan algúns medios, sería para liberar espazos e para dotar de contido outros.

"Son reestruturacións de carácter doméstico que se farán no momento oportuno, e que se estudarán estes días", indicou Rey, que xustifica estes cambios no feito de que algunhas concellarías, como é a de Servizos Sociais, asumiron outras competencias.

"Trataremos de racionalizar os servizos, de telos unificados para que os funcionarios estean en contacto co concelleiro/a responsable", engade Rey.

Inés Rey, alcaldesa da Coruña
Inés Rey, alcaldesa da Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta