Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 09:20
Tres terremotos foron rexistrados en distintas zonas da Comunidade galega durante a madrugada deste xoves, na que un tremor con epicentro no municipio ourensán de Cartelle alcanzou a magnitude 3,3. Pola súa banda, os detectados na Merca e Triacastela foron máis leves, con magnitude 2,5 e 1,8, respectivamente.
En concreto, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o primeiro dos movementos sísmicos tivo lugar sobre as 00,33 horas con epicentro no sueste de Cartelle, na comarca Terra de Celanova, e a 15 quilómetros de profundidade.
O terremoto deixouse sentir na cidade de Ourense e nos municipios pontevendreses de Valeixe e A Cañiza, a unha trintena de quilómetros do epicentro, con intensidade II (apenas sentido).
O movemento sísmico tivo lugar horas despois de que se producisen varios avisos de menor intensidade na zona ao longo da xornada. Así, segundo indicou do CIAE 112 Galicia, tras producirse o tremor, sobre as 1,05 horas, varias chamadas de veciños de Ribadavia e de San Cibrao das Viñas aseguraron sentir o tremor sen que se producise ningunha situación de alarma.
SISMOS NA MERCA E TRIACASTELA
Así mesmo, outro movemento sísmico foi detectado no municipio ourensán da Merca. En concreto, tivo lugar ás 6,13 horas e produciuse a 5 quilómetros de profundidade e alcanzou magnitude 2,5.
Na mesma madrugada, concretamente ás 3,53 horas, rexistrouse outro tremor en Triacastela e que, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional, alcanzou magnitude 1,7 e tivo lugar a 3 quilómetros de profundidade.
O 112 Galicia destacou que o pasado martes tamén tiveron lugar outros dous movementos sísmicos na costa de Vigo, un de magnitude 3,2, cunha profundidade de 5 quilómetros; e outro de 3,4, cunha profundidade de 0 quilómetro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.