Feijóo presume dos 50 millóns en investimento para obras en centros dentro dun arranque do curso "sen incidencias"

O titular do Goberno autonómico valorou a xornada de arranque, na que "non se produciu ningunha incidencia" nos colexios que estiveron en obras ao longo do verán e que tamén comezaron a funcionar "con total normalidade" os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou a normalidade no arranque do curso escolar e esgrimiu o investimento de máis de 50 millóns en actuacións de mellora en centros educativos.

Así o trasladou durante a súa visita este mércores o reformado CPI Terras de Maside na inauguración do novo curso escolar acompañado pola conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar.

Feijóo destacou que o novo curso escolar 2019/2020 comeza con "máis plurilingüismo, máis libros dixitais e ofrecendo máis servizos públicos", en relación ao incremento do número de prazas en comedores escolares, ao servizo de transporte e ao aumento nun 30% do número de centros con libros dixitais.

Sobre as accións de mellora, sinalou que foron 50 os centros reformados, despois dun investimento de total de máis de 50 millóns de euros, e que este ano máis de 600 centros contarán con modelo plurilingüe.

O titular do Goberno autonómico valorou a xornada de arranque, na que "non se produciu ningunha incidencia" nos colexios que estiveron en obras ao longo do verán e que tamén comezaron a funcionar "con total normalidade" os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería.

En total, en toda Galicia hai 76.987 prazas de comedor escolar, das cales 14.890 serán xestionadas por ANPAS ou Concellos. En canto ao transporte escolar, segundo as estimacións provisionais, darase servizo a 88.054 alumnos de 776 centros públicos.

Doutra banda, Ao longo do curso 2019/2020, un total de 70 ciclos de Formación Profesional impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira, unha modalidade implantada polo actual Goberno da Xunta de Galicia.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta