O PP de Santiago pide ao Goberno local que explique as "liñas básicas" de cada concellaría

O portavoz do PP en Santiago, Alejandro Sánchez Brunete, destacou que o alcalde de Santiago "pode realizar comparecencias periódicas" para "transparentar o exercicio do poder".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2019 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O portavoz do PP en Santiago, Alejandro Sánchez Brunete, convidou ao Goberno municipal a que explique "de maneira voluntaria" a dirección de cada concellaría durante o primeiro cuadrimestre para coñecer as "liñas básicas" de cada unha delas.

Nunha rolda de prensa este xoves, Sánchez Brunete sinalou que para o grupo popular resulta "oportuno" que cada concelleiro explique as prioridades do seu departamento, así como "as accións e iniciativas" e o "desenvolvemento temporal das mesmas".

Desta maneira, destacou que o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, "pode realizar comparecencias periódicas" para "transparentar o exercicio do poder", ademais de coñecer a súa "racionabilidade" e facilitar a "participación cidadá" nos asuntos públicos.

Pola súa banda, Sánchez-Brunete asegurou que Bugallo e o primeiro edil de Compostela Aberta, Martiño Noriega, non están "obrigados" en termos de legalidade a participar nestas aparicións habituais. No entanto, apuntou que se "apuran ao máximo o egocentrismo competencial" o grupo popular apurará os "mecanismos de control".

Ademais, o portavoz do PP pediu ao grupo socialista que non manteña o "apagamento informativo" que supuxo a "suspensión do servizo de retransmisión e de gravación das sesións plenarias", xa que "non hai motivos para non tramitar urxentemente a contratación destes servizos".

"MALA HERDANZA"

Por outra banda, o portavoz do PP pediu que os membros do grupo socialista expliquen "ata cando van vivir da mala herdanza" do goberno de Compostela Aberta" para "xustificar o mal funcionamento dos servizos públicos" e o "mal estado da cidade".

Sánchez-Brunete apuntou que o grupo popular "non nega o desastre de xestión dos tempos de Compostela Aberta" pero aseguran que o goberno de Bugallo terá que "declararse plenamente responsable do funcionamento dos servizos públicos".

Concelleiro do PP en Santiago, Alejandro Sánchez-Brunete
Concelleiro do PP en Santiago, Alejandro Sánchez-Brunete

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta