Por Galicia Confidencial | Vigo | 03/05/2012 | Actualizada ás 11:59
O preso independentista galego Miguel Nicolás Aparicio quedou en liberdade provisional onte na cadea Zuera (Zaragoza), Segundo informa o colectivo de apoio aos presos Ceivar, o mozo abonou a fianza de 3.000 euros imposta polo xuíz. A fianza foi pagadas grazas ao comite de solidariedade CSAMT.
Diario Liberdade apunta que "Miguel estivo dezasseis meses sem julgamento e submetido à política de dispersom que provocou o seu paulatino afastamento da Galiza".
Nicolás foi detido o 15 de decembro de 2010 por presuntamente participar no ataque cun artefacto incendiario a unha oficina do INEM en Coia. Ao día seguinte era detido o responsábel do sindicato CUT na comarca de Vigo Telmo Varela.
A Policía sospeita que Varela, ex-militante do Grapo, é o centro dunha sucesión de sabotaxes contra oficinas públicas de emprego, sedes de partidos e outros sindicatos na comarca olívica nesas datas. Varela segue en prisión a espera de xuízo, ano e medio despois da detención.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.