Un incendio permanece activo en Cuntis e en Quiroga queda outro extinguido tras queimar case 150 hectáreas

Traballan medios como dous avións, tres helicópteros, nove brigadas, cinco motobombas, tres axentes e unha pa, entre outros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2019 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

Un incendio está activo no municipio de Cuntis, na parroquia de Cequeril, desde as 18,00 horas deste luns.

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o lume está activo, pero "evoluciona favorablemente". Traballan medios como dous avións, tres helicópteros, nove brigadas, cinco motobombas, tres axentes e unha pa, entre outros.

Por outra banda, o incendio da parroquia de Hospital, no concello de Quiroga quedou extinguido tras queimar case 150 hectáreas --unhas 34 de arboledo--.

Incendio en Quiroga
Incendio en Quiroga | Fonte: Brigada de Marroxo.

O incendio de Chandrexa de Queixa permanece controlado desde ás 20,01 h. do sábado na parroquia de Casteloais. Segundo últimas estimacións, afecta 19 hectáreas de superficie, das cales 2 son de arborado e 17 de raso. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control levan traballado 9 axentes, 28 brigadas, 13 motobombas, 5  helicópteros e 2 avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta