O futuro centro de atención a persoas con discapacidade de Ourense contará con 110 prazas

A previsión da Xunta é que as obras poidan empezar no primeiro cuadrimestre de 2020

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/09/2019 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

O Goberno galego deu luz verde a un investimento de 8 millóns de euros que servirá para conseguir "unha mellora histórica" na atención ás persoas con discapacidade da provincia de Ourense. Así, autorizou o contrato de construción do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade, que contará con 110 prazas.

O obxectivo, defende a Xunta, é que esta actuación responda as expectativas e ás necesidades das persoas con discapacidade da provincia de Ourense e das súas familias. Por iso, precisou que se modificou o emprazamento previsto inicialmente en Mariñamansa para decantarse polo barrio de Barrocás.

AUMENTO DAS PRAZAS

Así mesmo, aumentouse o seu tamaño, das 80 prazas propostas ao principio do proxecto ata as 110 coas que contará agora (80 de residencia e 30 de centro de día). Deste xeito, a oferta pública de atención á discapacidade que se pon a disposición de Ourense aumentará nun 35 por cento, ata as 426 prazas.

No que respecta aos prazos, a previsión da Xunta é que as obras poidan empezar no primeiro cuadrimestre de 2020.

Traballador Con Discapacidade
Traballador Con Discapacidade | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta