Parón tamén na construción en Galicia

A construcción de vivenda nova descende un 25%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2019 | Actualizada ás 11:45

Comparte esta noticia

A construción de vivendas novas caeu en xuño a unha cuarta parte das rexistradas un ano antes (25,3%), ao pasar das 256 de xuño de 2018 ás 65 rexistradas no sexto mes deste ano, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

O dato contabilizado en xuño de 2019 é tamén inferior ao do mes anterior, tendo en conta que en maio deste ano a construción de vivendas novas situouse en 191.  Así mesmo, caeron as licenzas para vivendas a crear en rehabilitación, ao pasar das 38 rexistradas en xuño de 2018 ás 14 do sexto mes deste ano. A cifra, ademais, é máis baixa que a de maio de 2019, cando se concederon 64 licenzas para vivendas en rehabilitación.

Pola súa banda, no sexto mes do ano concedéronse licenzas para 77 edificacións de nova planta, case a metade das rexistradas no mesmo mes de 2018 --149-- e 93 menos que en maio --170--.

En xuño de 2019 contabilizáronse un total de 87 para obras de rehabilitación en edificios, o 60% das contabilizadas no mesmo período de 2018 --144--, e tamén menos que no mes anterior --150--.

DEMOLICIÓNS

No sexto mes do ano concedéronse un total de 8 licenzas para demolicións, 23 menos que en xuño de 2019, cando se autorizaron 31. O dato tamén é inferior ao de maio, cando rexistraron 13. Ademais, en canto ás vivendas a demoler, en xuño deste ano autorizáronse 11, un total de 17 mes que no mesmo mes do ano anterior --28-- e 20 menos que en maio --31--.

Edifici
Edifici | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta