A mostra 'Galaicos' chega ao Museo de Pontevedra

A exposición foi vita por 32.000 persoas en Madrid e Valencia.

Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 30/09/2019 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

O Museo de Pontevedra será a última parada da mostra 'Galaicos: Un pobo entre dous mundos', despois do éxito cultivado en Madrid e Valencia, segundo destacou este luns a presidenta da Deputación provincial, Carmela Silva.

Casas do castro de Troña, en Ponteareas
Casas do castro de Troña, en Ponteareas | Fonte: XdV

Esta exposición será inaugurada este venres 4 de outubro e poderá verse ata o 2 de febreiro, no Sexto Edificio do Museo para dar a coñecer "o rico patrimonio arqueolóxico e cultural de Galicia e, en concreto, da provincia de Pontevedra". Ademais, esta mostra servirá tamén para conmemorar o 125 aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, "que foi o xerme do Museo desta cidade".

Durante o tempo que dure a exposición, a Deputación vai desenvolver múltiples actividades ao redor desta mostra, entre elas visitas guiadas e dramatizadas, xornadas de conferencias e recreacións históricas. "E queremos ademais tamén que estes contidos estean ligados a xornadas gastronómicas", abundou.

Silva lembrou que esta mostra recibiu no Museo Arqueolóxico Nacional de Madrid a 18.000 visitantes e, no Museo da Prehistoria de Valencia, a outras 14.000, "sen contar a Noite dos Museos, que o Museo de Valencia dedicou a esta exposición e a todo o que ten que ver coa historia da Prehistoria na nosa provincia".

Tras este éxito, recalará en Pontevedra co obxectivo de divulgar o patrimonio arqueolóxico e dentro da aposta da Deputación "por un turismo sustentable, baseado na cultura, na historia, con capacidade para atraer visitantes durante todo o ano e, por tanto, ser un acicate para a desestacionalización".

Presentación da mostra Galaicos no Museo De Pontevedra.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Presentación da mostra Galaicos no Museo De Pontevedra.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

A exposición 'Galaicos', como explicou a presidenta da institución provincial, aproximará ás persoas que a visiten á historia de Galicia no período comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce (1500-800 antes de nosa era) e o século V, e pretende mostrar o nexo de unión entre dous mundos, o Atlántico e o Mediterráneo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta