Literatura galega en Colombia

Será no marco da participación do presidente da AELG na FEira Internacional del Libro del Eje Cafetero.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/10/2019 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) promove a literatura galega en Colombia. Será no marco da Feria Internacional del Libro del Eje Cafetero, unha das máis relevantes daquel país, na cidade de Pereira.

Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG

Esta feira é unha iniciativa de varias institucións culturais e empresariais do Departamento de Caldas, en Colombia, á que foi convidado Cesáreo Sánchez Iglesias en calidade de presidente da AELG. "A súa presenza permitirá definir conxuntamente con axentes culturais colombianos estratexias para facilitar o coñecemento da nosa literatura entre o alumnado dos diversos niveis educativos dese Departamento", apunta esta entidade nun comunicado.

Así, lembra que nos últimos anos, o territorio de Caldas iniciou con Galicia uns vínculos activos en materia cultural, afianzados pola irmandade entre o Concello de Caldas de Reis e o municipio de Villamaría, no propio Departamento de Caldas, que ten ese nome en honor á figura de Francisco José de Caldas (1768-1816), científico ilustrado autodidacta e polifacético, nomeado hai tres anos Fillo Adoptivo do Concello de Caldas de Reis por ser o seu orixinario da vila galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta