Vilamor, unha historia interesante

Saturado de escoitar falar de tanta crise, de quen minte para xustificar erros e políticas regresivas, decido ir ao cine e escollo, na oferta que hai, unha peli das poucas que se fan en galego. Chámase Vilamor.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 23/05/2012

Comparte esta noticia
A primeira sorpresa é que hai bastante xente na sá, algo que me parece pouco habitual para ver unha película galega. En fin, comeza  a historia e identifícome coa paisaxe e cos actores que aparecen. Son persoas mais ou menos coñecidas das series da TVG. E comeza o relato dunha historia sinxela que me transporta aos anos setenta cando, grupos de rapaces,  deciden probar buscando outros modelos de sociedade, pois discrepan coa que teñen.  Desta maneira, axiña  aparecen dúas visións da vida: a primeira a tradicional das nosas aldeas representada pola desconfianza e o medo cara un futuro incerto  e modelo de vida que racha co herdado dos nosos maiores e que está  representado polo crego e a nai de Breixo o protagonista.  E a segunda, a protagonizada a por un fato de mozos e mozas que buscan vivir dun xeito diferente ao establecido e pretenden formar unha comuna nunha aldea deshabitada, comida polo mato e as silvas.
 
Logo, a medida que se vai desenvolvendo a trama, aparecen os primeiros problemas xurdidos pola visión distinta da vida, das solucións aos atrancos do día a día e as relacións amorosas entre os componentes da célula social. A historia remata volvendo a xunguir pasado e presente unidos polo nexo do tempo transcurrido, como o recordo dunha historia fermosa  que   aconteceu anos atrás. Historia   que vive no recordó dos protagonistas, agora máis maiores,  como algo  moi positivo.
 
Estamos diante unha cinta que incita a meditar sobre o comportamento da xuventude; de persoas mozas  que sinten a necesidade de trocar unha sociedade na que se atopan incómodos e que, por tal motivo,  pregúntanse moitas cuestións. E,  ás veces, camiñan herradas, outras non, ate que atopan un lugar axeitado  na sociedade. Pero, ademáis do dito, a historia incita a unha reflexión e a buscarlle  contestación de moitas  preguntas, por exemplo:  é posible unha sociedade comunitaria ao cento por cento? Puido ser que as nosas aldeas naceran pola discrepancia hipotética inicial  das comunas nacidas nos castros? Somos os pais os donos  sempre  do destino dos nosos  fillos? A paternidade  dos fillos pode ser descoñecida e soio teñen dereito coñecer a súa  maternidade? O sexo é algo trivial, algo somente instintivo, ou ten tras de si outros valores ademáis o do logro do pracer? O aborto como tal é un dereito absoluto soio da nai?  É posible vivir en comunidades sen nigun tipo de ataduras e normas?
 
Aínda que  estes temas non teñen contestación nin un debate pleno no desenvolvento da trama, a historia abre á porta á discusión e a reflexión. Todos fumos mozos e un día soñamos cunha sociedade plena de liberdades. Pero pódese construir unha sociedade libre sin ataduras,  obligacións e normas? 
 
En fin, estamos diante unha película galega, que evoca tempos mozos, tempos pasados para moitos, e que abre a porta a cantidade de  preguntas para os máis novos. O cine galego abre xanelas e mercados  e avanaza con cintas como esta; cintas que amosan unha realidade palpable; que nos mostra paisaxes coñecidas e lugares fermosos. Que nos mostra unha realidade natural que temos perto de nós e que se chama Galiza.  Pero, ademáis de todo o reseñado, tamén nos pon sobre a mesa o problema do noso rural sometido ao despoboamento e ao desleixo. 
 
Saturado e mesmo cheo de incertidume polo que acontece a cotío no mundo, fun ao cine é, durante un tempo,  perdín de vista a crise, e lembrei anos pasados vendo unha historia sensible e de amor  moi interesante. Unha chata: empregar o idioma coa variante local  sen eliminar os castelanismos, non me parece o máis acaído.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com