Unha cámara térmica dun dron localizou a unha muller de idade avanzada desaparecida en Forcarei

A muller foi atopada a 400 metros da súa casa.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 11/10/2019 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O equipo de drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) colaborou na noite deste xoves nun operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, dunha muller de idade avanzada que desaparecera no municipio de Forcarei (Pontevedra) e que foi localizada pola cámara térmica dunha das aeronaves non tripuladas.

Segundo informou o 112, a muller foi atopada sobre as 1,00 horas a 400 metros da súa vivenda, no lugar de Alfonsín, na parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, que foi trasladada ao Hospital Montecelo en Pontevedra.

O 112 Galicia recibiu o aviso da súa desaparición ás 19,45 horas da tarde deste xoves a través dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Forcarei.

A partir de aí activouse un operativo no que participaron, ademais, os voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e a unidade de cans de rescate da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón (A Coruña).

Dron. CO2 REVOLUTION
Dron. CO2 REVOLUTION

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta