Divorcio Social

Con moita frecuencia escoitamos afirmar que, cando un dos membros dun matrimonio perde a confianza no outro, a parella está rota ou a piques de divorciarse.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 30/05/2012

Comparte esta noticia
Pois ben, algo semellante acontece cando os cidadáns perden a confianza nas institucións e organizacións que conforman a sociedade actual. Vexamos:  vivimos nun estado social que, en teoría, controla ás isntitucións económicas, pois ese control é un aval social que lle dá  garantía e solvencia diante os cidadáns. Pero cando, co paso do tempo,  nos  damos  conta de que neste país a mentira e o engano son algo que acontece a cotío, un cae na evidencia  de que tal control non existe, ou  a entidade controladora, pensemos no Estado, é, no mellor dos casos,  burlada ou simplemente enganada.
 
Esto acontece hoxe cando se fala da banca. Non hai moito tempo a  banca española  era a máis solvente coñecida. E o banco de España  e outras entidades así o afirmaban. Agora toda esa verdade, lanzada aos catro ventos, convertiuse nunha grande mentira. E diante de tal mentira ningunha institución nin goberno son capaces de pedir responsabilidades. Desta maneira o novo rexidor de Bankia di que el non ven a mirar ao pasado, ven a xestionar o futuro. O presidente do Banco de España cala, e  o goberno que preside o Sr. Rajoy  dalle cartos á esa banca (máis de 24.000 milónns de euros)  pero tampouco quere mirar para atrás nin esixir responsabilidades. E mentres, os xestores de tal desaguisado, xubilanse con millóns de euros por facer unha xestión negativa e escandalosa. E así poderíamos seguir e seguir. 
Pois ben, voltando ao argumento inicial da pérdida de confianza, os cidadáns xa perdimos a pouca  que nos podía transmitir un goberno que recorta e  nega os cartos para os servizos públicos básicos, que recorta en investigación, en sanidade e no ensino  e que lle dá  miles de millóns á  banca para sanear unas entidades adicadas, ate hai pouco tempo,  a investir na economía especulativa. Unhas entidades que se adicaron a mal invertir os cartos dos aforradores e agora piden a axuda do pai Estado para fuxir da bancarrota. 
 
E así, dun xeito case normal, os cidadáns estamos a piques de non crer nesas institucións que  teñen que ser garantes da solvencia das entidade económicas. Pero, está visto que, no país do “Lazarillo de Tormes” todo está en venda; todo vale, por eso sempre gañan os pillos.  E aquí aplícolle outro dito que se escoita con suma frecuencia e que eu rexeito rotundamente,  dí así:   “no  país dos lobos hai que oulear coma eles.”  Triste lección lle dan, nos dan, aos cidadáns os responsables das institucións que teñen que ser controladoras e  garantes da solvencia  das entidades financieiras.
 
Vivimos momentos colvulsos na economía deste país, vivimos momentos nos que son moi necesarias as explicacións acompañadas dunha boa didáctica e dunha gran ética para ser  convincentes; para  clarificar conductas e pedir  responsabilidades. Agora, o goberno dalle cartos a esgalla a entidades bancarías. Si a cousa vai ben,  estas  volverán ás mans privadas, e os cartos prestados xa veremos se son devoltos ou non. Vivimos nun tempo no que nos tocou socializar as perdas. Pero a pregunta que temos e a seguinte: ¿E cando hai gañancias  tamén se socializan estas? Non. Cando hai  beneficios estes nunca se socializan. Para chegar á Moncloa o Sr. Rajoy falou de claridade e información. Lembremos “al pan pan y al vino vino” E agora todo se volta silencio e escuridade.  E volvo ao pricipio do comentario. Cando un membro da parella perde a confianza no outro está preto o divorcio. Pois ben, debido a falla de confianza nas institucións do Estado, os cidadadáns estamos a piques de divorciarnos dunhas institucións que non cumplen co seu cometido e dun goberno  que  nega a información que precisamos pois imos ser os pagadores dos erros dos que agora fuxen coa bolsa chea de euros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com