O autor confeso do crime de Ponte Caldelas: "Declárome culpable, non teñan piedade de min"

Marcos V. está acusado de matar a puñaladas ao marido dunha muller coa que mantivera unha relación sentimental.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

"Declárome culpable e declarareime sempre culpable", afirmou este luns ante o xurado Marcos V., o home acusado de matar a puñaladas en Ponte Caldelas (Pontevedra) ao marido dunha muller coa que mantivera unha relación sentimental.

Marcos V., o home acusado de matar a puñaladas en Ponte Caldelas (Pontevedra) ao marido dunha muller coa que mantivera unha relación sentimental.
Marcos V., o home acusado de matar a puñaladas en Ponte Caldelas (Pontevedra) ao marido dunha muller coa que mantivera unha relación sentimental.

O xuízo iniciouse este luns pola mañá na Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra. A Fiscalía solicita 20 anos de prisión e oito de liberdade vixiada para o autor confeso do crime e a prohibición de achegarse á viúva durante 25 anos e unha medida de liberdade vixiada durante oito anos máis. Mentres, a acusación particular eleva a petición a 25 anos.

"Levo catro anos agardando a que me xulguen e poder cumprir a miña condena tranquilo, nada máis. Que máis queren que faga?", declarou o procesado ante o tribunal, que se atopa en prisión provisional por esta causa desde novembro de 2015.

Ademais, dirixiuse aos membros do xurado popular. "Eu non quero que esa xente teña piedade de min", sostivo, para engadir que se el estivese no lugar da familia da vítima "pediría o mesmo: que encarceren a esa persoa ou que o fusilasen".

ALEIVOSÍA

Marcos V. está acusado pola Fiscalía dun delito de asasinato con aleivosía e saña por matar a puñaladas a Manuel Rivas Muiños. O avogado da defensa nega a aleivosía e rexeita que existise saña, é dicir, que o seu cliente causase un sufrimento innecesario á vítima.

Ademais, solicita que se lle aplique a Marcos Vilas as circunstancias atenuantes de confesión, outra de "arrebato, obcecación ou estado pasional" e unha terceira de dilacións indebidas por un "atraso inxustificado" na instrución.

O crime tivo lugar o 28 de novembro de 2015, cando o acusado, que un ano antes tivera unha breve relación cunha muller durante un período de separación da parella, acudiu a Ponte Caldelas para comprobar se o matrimonio volvera vivir xunto.

Marcos V. accedeu ao edificio cando saía un dos veciños e atopouse coa vítima cando abandonaba o seu domicilio, á que obrigou a entrar de novo na vivenda onde, despois dun forcexeo, tiroulle ao chan e asestoulle ata quince puñaladas por todo o corpo cunha navalla.

Mentres a vítima aínda estaba consciente, o acusado "guiado polo mesmo ánimo de aumentar a súa dor", relata o escrito de acusación da Fiscalía, fixo unha chamada de teléfono á muller desde o móbil da vítima, á que relatou que o acoitelou e pediulle que escoitase como agonizaba. Tras iso, enviou unha fotografía da vítima.

Despois de rematar a Manuel Rivas o acusado volveu á súa casa, cambiouse de roupa e avisou ao seu irmán para que o levase de novo ata Ponte Caldelas, desde onde chamou ao 112 para explicar o que acababa de facer e entregarse á Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta