En Común censura que o proxecto "tóxico" da mina de Touro "siga sen solución"

Din que é un "exemplo negativo" de como se tenta "depredar" o territorio e terminar coa vida da xente que produce e trata de vivir no rural.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2019 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

O cabeza de lista de En Común ao Congreso pola Coruña, Antón Gómez Reino, censurou que o proxecto "tóxico" da mina de Touro "siga sen solución" e asegurou que se trata dun "exemplo negativo" de como se tenta "depredar" o territorio e terminar coa vida da xente que produce e trata de vivir no rural.

Antón Gómez Reino e Juantxo López de Uralde, contra a mina de cobre de Touro
Antón Gómez Reino e Juantxo López de Uralde, contra a mina de cobre de Touro | Fonte: Podemos.

Acompañado polo membro de Unidas Podemos Juantxo López de Uralde, Gómez Reino visitou este xoves a localidade, onde se reuniu coa Plataforma Mina Touro NON.

Na visita, Gómez Reino lembrou que a súa formación levou varias iniciativas sobre este asunto ao Congreso dos Deputados e comprometeuse a seguir trasladando as denuncias para "frear a mina".

Pola súa banda, Uralde chamou a atención sobre a perda de poboación no rural. "Estamos ante un proxecto tóxico para o futuro das persoas que queren vivir no rural e ter unha actividade sustentable".

"Non podemos permitir que os intereses dunha corporación poidan acabar coa forma de vida de moitas persoas nesta zona", denunciou o exdirector de Greenpeace.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Gamela

estes anuncian camisetas? XL e XXL

1 miñoca

Paracaidistas na Castellana. Non somos un zooloxico. Nen o salvame de Luxe