Compromiso por Galicia

Cando o presidente Rajoy aínda está nos medios de comunicación anunciando o gran logro da intervención da nosa economía; Cando hai uns día el afirmaba que de rescate nada de nada, e agora, diante unha sociedade un tanto desconcertada e cansada de escoitar trolas piadosas, anuncia este gran logro político, pois seica nos agasallan con 100 mil millóns de euros porque xogamos ben ao futbol e somos guapos, en Galicia, e concretamente en Ourense, presentouse unha nova formación política. Compromiso por Galicia. Nace esta nova formación coa intención achegarse á realidade social e política deste país prara trocala e mellorala pois, dende hai case catro anos, navega un tanto desnortado e vai camino de converterse nunha autonomía de de segunda ou terceira división.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 17/06/2012

Comparte esta noticia
A nosa terra vive nestes últimos anos un deterioso social e político que  está levando a unha parte importante da sociedade galega á vivir na  resignación e a asumir que somos unha terra pobre na  que soio temos como meta subsitir  sendo subsidiados sin máis futuro que o da emigración dos nosos fillos. E dentro desa Galicia subsidiada as terras do interior,  Ourense e a parte sur de Lugo, levan a pior parte. Pois meses lugares temos o número maior de parados; temos a maior tasa de envellecemento e despoboación e, coícidencias da vida, sempre gobernados por unas institucións mangoneadas  a vella usanza, onde campa un importante núcleo do caciquismo que asfixia   a esta sociedade.
 
E dentro dese panorama escuro, o nacionalismo actual fixo un plantexamento político  no que  a cuestión ideolóxica, baseada en modelos de países do leste europeo,  situábase  por riba dos intereses xerais das persoas e polo tanto do país. Cuestión que o levou  a un radicalismo estéril que non  o estatus de minoría social. 
 
E sendo conscientes da realidade na  que viven os galegos  nace Compromiso para amosar unha versión do nacionalismo amable, achegado ás necesidades da xente; un galeguismo  non excluínte e  que aspira a ser maioritario nesta terra. Un nacionalismo que fuxe do radicalismo e da marxinación política. Pois entenden os promotores  que as épocas das frontes políticas están superadas, dado que na nosa sociedade non hai inimigos, se non adversarios  aos que hai que superar mediante a palabra e o voto. Por tal motivo, esta formación que emerxe,  aspira a cubrir unha franxa política que vai dende o Galeguismo ate a socialdemocracia, poñendo o límite político no que a maioría social decida.
 
Para Compromiso, Galicia é o centro da súa acción política e social; é a razón da súa existencia. Por iso pretende beber nas fontes do galeguismo universal emexido da xeración nós. Pretende fuxir da demarcación desfasada do que se entende por dereita e esquerda e que se manifesta en  ofertarlle á sociedade actual alternativas aos problemas que ten a xente. E para elo pretende crear unha organización de filiación individual,  disciplinada no político, dinámica no social e defensora dos grandes logros sociais da sociedade actual, así como  a defensa da nosa identidade e cultura que nos define con personalidade propia dentro do Estado español.
 
Compromiso está aberto a todas as persoas que estean dispostas a defender os intereses desta terra; está aberta aos emprendedores que ven en Galicia o lugar idóneo onde crear empresas e postos de traballo. Pois son as empresa as que crean emprego nesta sociedade.
En fin, cando Rajoy nos vende un rescate como se nos tocara a lotería individualmente, en Ourense preséntase Compromiso por Galicia lanzándolle unha oferta a todos os galegos para traballar por Galicia pola súa cultura e identidade  e así mellorar os servizos públicos básicos e noso nivel  de vida que o final é o que se persigue.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com